Sunday 28 de April de 2024

A escritora e activista Andrea Nunes participa o próximo martes nos cafés en lila


O martes 30 de maio, ás 18:30h, terá lugar na Biblioteca Central Rialeda un novo Café en Lila. Nesta sesión participará a escritora, activista e docente Andrea Nunes Brións e trataranse os activismos desde a expresión oral e escrita, o poético-político arredor do transfeminismo, o activismo gordo, o anti-capitalismo, a igualdade, o LGTBIQA+… .

Andrea Nunes Brións (Marín, 1984) vinculouse desde os seus comezos a actividade poética e ao activismo feminista, unindo ambas. Os seus versos foron publicados en numerosas revistas, xornais e libros colectivos, e entre as súas obras destacan Corrente de esquecemento (Aturuxo, 2007), Todas as mulleres que fun (2011) -finalista nos premios AELG-, e Diáspora de amor balea (2017) -escrito conxuntamente con María Rosendo e gañador do XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas-. Ademais, coordinou xunto a Ánxela Lema o volume Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobe a obra de María Reimondez (Xerais, 2020) e forma parte da obra colectiva Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza (Através Editora, 2020). Pertence ao colectivo As Candongas do Quirombo e forma parte da equipa crítica literaria feminista de A Sega. Na súa vertente docente, foi profesora en diferentes universidades na China, Italia e Galicia e, na actualidade, é profesora no ensino secundario en Santiago de Compostela.

Os Cafés en Lila é unha actividade aberta e gratuíta. Non é preciso inscribirse previamente. Haberá café e petiscos.